BENVIDA

Benvidos/as ao blog da Asociación de Veciños Mesón da Auga. Neste espazo, publicaremos todas as novas relacionadas coas actividades desta Asociación.

19 jul 2012

CONCENTRACIÓN VENRES 20:30

Considerados asociados e veciños:

Ante a demora que se esta producindo na reparación das casas por parte da XUNTA DE GALICIA, convócasevos a todos asociados e veciños a unha concentración de 10 minutos á entrada da urbanización, diante da pancarta, o venres 20 de xullo ás 20:30h, agradeceriámosvos que o comentásedes con familiares e amigos para que sexamos máis xente e que traiades obxectos cos que facer ruído (tipo asubíos, megáfonos, potas, etc.)

Esperamos contar con todos eles e agradecémosvos por anticipado a asistencia.

Un saúdo.

A directiva.
XUNTA
SOLUCIÓN 
MESÓN DA AUGA 
XA!!!

9 jul 2012

FESTA DA ASOCIACIÓN EN MESÓN DA AUGA




O pasado fin de semana, tivo lugar na urbanización de Mesón da Auga, a tradicional festa que a Asociación de Veciños organiza cada ano. A pesar da inestabilidade meteorolóxica, a celebración foi un éxito de participación e organización. Servíronse porcións de churrasco con chourizo pan e bebida por 5 euros (sendo gratis para os socios a primeira porción). Todo iso estivo amenizado pola actuación do grupo Triada, que fixo bailar nenos e maiores. A directiva da Asociación anunciou aos asistentes que, durante esta semana vaise colocar unha pancarta reivindicativa na entrada da urbanización, co fin de denunciar a lamentable situación das vivendas. Por este motivo, fixéronse unhas camisetas, que podían comprar na festa a 8 euros e que tamén se poderán adquirir encargándoas á Asociación.